COMENTARIO DE TEXTO
Ao reverso da noite. Manuel Antonio.
1. Lectura e comprensión.
Luceiros degolados desángranse de ouro no Mar.
- O reflexo das luces no mar vese distorsionado polas ondas.
De par a nós a Lúa fai ronseis infecundos.
- Xunto a nós a Lúa acompáñanos sen facer nada de proveito.
Mentres sonea a mareta vai folleando no libro das velas.
- Mentres o mar está en calma a Lúa obseva o barco coma se fose un libro.
Irredentos velames exhaustos resignados a pendurar da cruz.
- As velas xa cansas confórmanse con pendurar dos mástiles.
Estrelas inconscientes mecanizan o obseso tic-tac.
- As estrelas dende a súa lexanía marcan o tempo que queda de noite.
E o pano branco de novo día enxugará os ollos do ceo.
- Coa luz comeza un novo día.
2. Situación.
- Situación do texto á obra a que pertence.
Este poema pertence á obra “De catro a catro” de Manuel Antonio, publicada en 1928. Este é un dos libros que o autor publica en vida, está dividido en Partida, Aventura e Regreso, cun total de dezanove poemas.
- Situación da obra no seu autor.
Manuel Antonio foi o prototipo de escritor vangardista do seu tempo; a súa obra "De catro a catro", incluida pola estética no creacionismo, caracterízase fundamentalmente pola ruptura coa tradición literaria galega.
- Situación do autor no seu tempo.
Manuel Antonio tamén é considerado a figura principal da Xeración do 25 xa que foi o poeta máis innovador e orixinal. A suá característica principal é a ruptura coa tradición galega á que considera excesivamente continuadora do Rexurdimento.
3. Contido.
-Argumento:
Fala da soidade, da tristeza, da melancolía que él sinte e identifícaas cos luceiros, coa Lúa, coas velas, co mar, ... dunha viaxe en barco que representa a traxectoria da vida.
-Tema:
O tema é viaxe en barco que representa a súa soidade.
-Estructura (división en partes):
Versos 1-11: O autor amosa a súa visión triste e pesimista sobre a vida.
Versos 12-13:Nestes versos o autor invitanos a pensar que, a pesar do pesimista do poema, pode existir a esperanza e o positivismo na vida.
4. Expresión.
-Estructura (tipo de estrofa, de versos, rima, métrica...).
Este é un poema de métrica irregular, versos heptasílabos e decasílabos na súa maioría e non ten rima.
-Recursos expresivos (que pretende o autor).
-Metáforas: luceiros degolados; folleando no libro das velas...
-Personificacións: a Lúa fai ronseis infecundos
-Encabalgamento: nos versos 3 e 4 (de par a nós/a Lúa/fai ronseis infecundos)
5. Conclusión.
-Síntese.
Este poema pertence a obra "De catro a catro" de Manuel Antonio.Nel reflexa unha opinión negativa da vida en xeral. Observamos unha renovación temática e métrica, intentando renovarse e distinguirse dos seus antecesores.
-Valoración persoal.
Este poema cheo de sentimentos provoca no lector unha sensacion de melancolía, máis se un poema chega ao lector e transmite unhas sensacion é porque realmente vale a pena, a pesar da complicación que pode supor o léxico.A pesar de ser un poema triste personalmente nos gusta.