martes, 8 de junio de 2010

Comentario dun poema.

ODA OS MARIÑEIROS DE CANGAS


Polo escuro do mar que vos contruba
ainda hai peixes de lus nos seus abrigos,
mariñeiros de Cangas, meus amigos,
meus irmáns de salitre e sol e chuva.


Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves.


Polas ondas sin muros e sin diques,
polo lombo do Atlántico azulado,
brinca e bufa o arruás todo apurado
perseguindo os banitos i os alcriques.


Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.


Máis alá do Cabalo e Cabo de Home
da Negra e deses baixos de Biduído,
mariñeiro de Cangas, vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come.


Coma horribles fantasmas aparecen
dende o fondo, xurdindo, nos sorríos,
estranas ardentias e navios
e tristes afogados que amolecen.


Pero rompe, que podes, contra o medo,
dalle avante con forza, anque che doa,
contra noites e néboas, pon a proa,
mariñeiro de Cangas, e ven cedo.


Ven loguiño a vender o peixe a Vigo
e trae unha canción do son dos mares
pra beber e cantar xuntos nos bares
mariñeiro de Cangas, meu amigo.



1.Localización:
O  poema " Oda aos mariñeiros da Cangas" pertence ao libro Profecía do Mar de Bernardino Graña. Trata temas como  o mar e a vida mariñeira.Deste e doutros coma "Profecía do Mar" e "Non vexo Vigo nin Cangas" venlle o calificativo de "poeta do mar". Debido a esto nos seus poemas atopamos termos mariñeiros e xiros idiomáticos da lingua viva de Cangas. Tamén escribiu narrativa e teatro, pero destacou en poesía. Algunhas obras son: Poema do home que quixo vivir; Se o noso amor e os peixes...; Himno verde e Sen sombra e sen amor.
Pertence á Xeración das Festas Minervais xunto con Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra,Manuel María ,Xohana Torres, Avílés de Taramencos, Arcadio López Casanova, Garcís Bodaño,...



2.Contido:
Tema:
Natureza do mar de Cangas.

Argumento:
No poema fálanos da beleza do mar de Cangas e dos mariñeiros que nel traballan, facendo referencia tamén a lugares tan fermosos como o cabo do home ou as Illas Cíes.

Exemplo:

"...Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.

Máis alá do Cabalo e Cabo de Home
da Negra e deses baixos de Biduído,
mariñeiro de Cangas, vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come..."


Trátase da primeira obra da literatura galega onde a dura vida da xente do mar, a xeito de épica de loita co medio, convírtese en protagonista de denuncia. Para isto o poeta válese, fundamentalmente, da fala mariñeira da zona de Cangas.

Subxénero Poético:

Trátase dunha poesía paisaxística, porque comenta imaxes do mar de Cangas.

Voz Poética:
O propio autor diríxese aos mariñeiros de Cangas.

Exemplo:

Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.


Estructura do contido:

Principio: Das liñas 1-16, o autor anima aos mariñeiros a saír pescar.
                 Das liñas 17-28, animaos para que non teñan medo.
Fin:           Das liñas 29-32, dille que veña cedo para vender o peixe e festexalo nos bares.



3. Expresión:
O poema está dividido en estrofas. Cada unha está composta por 4 versos endecasílabos, de arte maior, con rima consonante.

Recursos:

Na “Oda” hai termos sobre a configuración do terreo como os baixos vistos en
Pondal, e sorríos, fondos mariños, xunto con termos relativos ás pedras como
cabezos e cons. Estes son as pedras da ribeira e dos arrecifes, de forma máis ou
menos redondeada e que se amorean sobre outras pedras, sen base firme no fondo
do mar, mentres que o cabezo é unha pedra que sobresae como unha cabeza da
superficie e que ten a base no fondo do mar e non sobre outra pedra como o cón.

Exemplo:

"...Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves..."


Outro léxico ben mariñeiro desta “Oda” refírese ás augas. Son termos como espumallo,
a escuma fresca do mar que xorde das ondas e da rompente; ardentía, a fosforescencia
ou luminosidade das augas do mar, ou fumazo (con seseo de Cangas) para o manchón
que a sardiña ou outro cardume calquera produce no mar.

4.Conclusión

Síntese:

Este poema de Bernardino Graña fala sobre a vida no mar e lémbranos mediantes os seus poemas como inflúe na vida o feito de ter costumes mariñeiras preto.

Valoración persoal: 

O poema  móstranos a vida mariñeira, isto influiu á hora de comprender e atopar os puntos nos que pódese dividir o poema.
Non nos gustou moito polo feito de que o tema non nos atrae moito e que o uso de recursos literarios complicou o poema.



lunes, 15 de marzo de 2010

Comentario de Manuel Antonio.

COMENTARIO DE TEXTO

Ao reverso da noite. Manuel Antonio.




1. Lectura e comprensión.

Luceiros degolados desángranse de ouro no Mar.
- O reflexo das luces no mar vese distorsionado polas ondas.

De par a nós a Lúa fai ronseis infecundos.
- Xunto a nós a Lúa acompáñanos sen facer nada de proveito.

Mentres sonea a mareta vai folleando no libro das velas.
- Mentres o mar está en calma a Lúa obseva o barco coma se fose un libro.

Irredentos velames exhaustos resignados a pendurar da cruz.
- As velas xa cansas confórmanse con pendurar dos mástiles.

Estrelas inconscientes mecanizan o obseso tic-tac.
- As estrelas dende a súa lexanía marcan o tempo que queda de noite.

E o pano branco de novo día enxugará os ollos do ceo.
- Coa luz comeza un novo día.


2. Situación.


- Situación do texto á obra a que pertence.
Este poema pertence á obra “De catro a catro” de Manuel Antonio, publicada en 1928. Este é un dos libros que o autor publica en vida, está dividido en Partida, Aventura e Regreso, cun total de dezanove poemas.

- Situación da obra no seu autor.
Manuel Antonio foi o prototipo de escritor vangardista do seu tempo; a súa obra "De catro a catro", incluida pola estética no creacionismo, caracterízase fundamentalmente pola ruptura coa tradición literaria galega.

- Situación do autor no seu tempo.
Manuel Antonio tamén é considerado a figura principal da Xeración do 25 xa que foi o poeta máis innovador e orixinal. A suá característica principal é a ruptura coa tradición galega á que considera excesivamente continuadora do Rexurdimento.

3. Contido.

-Argumento:
Fala da soidade, da tristeza, da melancolía que él sinte e identifícaas cos luceiros, coa Lúa, coas velas, co mar, ... dunha viaxe en barco que representa a traxectoria da vida.

-Tema:
O tema é viaxe en barco que representa a súa soidade.

-Estructura (división en partes):
Versos 1-11: O autor amosa a súa visión triste e pesimista sobre a vida.
Versos 12-13:Nestes versos o autor invitanos a pensar que, a pesar do pesimista do poema, pode existir a esperanza e o positivismo na vida.


4. Expresión.

-Estructura (tipo de estrofa, de versos, rima, métrica...).
Este é un poema de métrica irregular, versos heptasílabos e decasílabos na súa maioría e non ten rima.
-Recursos expresivos (que pretende o autor).
      -Metáforas: luceiros degolados; folleando no libro das velas...
      -Personificacións: a Lúa fai ronseis infecundos
      -Encabalgamento: nos versos 3 e 4 (de par a nós/a Lúa/fai ronseis infecundos)

5. Conclusión.

-Síntese.
Este poema pertence a obra "De catro a catro" de Manuel Antonio.Nel reflexa unha opinión negativa da vida en xeral. Observamos unha renovación temática e métrica, intentando renovarse e distinguirse dos seus antecesores.

-Valoración persoal.
Este poema cheo de sentimentos provoca no lector unha sensacion de melancolía, máis se un poema chega ao lector e transmite unhas sensacion é porque realmente vale a pena, a pesar da complicación que pode supor o léxico.A pesar de ser un poema triste personalmente nos gusta.


http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/de4a4/18.htm

viernes, 19 de febrero de 2010

A literatura de Vangarda.



DADAÍSMO



Dada é un movemento que xurdiu en Zurich (Suíza) en 1916. Espallouse por Europa, e chegou aos Estados Unidos. Era contra a arte, códigos e valores da súa época, a Primeira Guerra Mundial e sistemas establecidos. Influenciou a arte gráfica, música, poesía.Ela foi presentada como unha ideoloxía ou un modo de vida.


O seu fundador foi Tristán Tzara. O nome Dadá (significa balbuceo ou primeiro son que produce un neno).Xurdiu cando andaban na procura dun dicionario, un nome de artístico para unha das cantantes. Identificou inmediatamente o nome co novo estilo que eu estaba mirando para comezar de novo, batendo todos os réximes seguidos anteriormente.Buscaban impactar e confundir o público (que reacciona botando cousas e insultando).En 1917, a galería abriu Dada e Tristán Tzara comezou a publicación. Dadaísmo foi difundida a través de revistas, o seu manifesto e nas reunións realizadas en discotecas e galerías de arte.



O MOVEMENTO DADÁ

No seu contido ou tema, foi caracterizada por:

• Protestas continua contra as convencións do seu tempo.
• Actitude de broma total e humor. Baséanse no absurdo e no carente de valor.
• Medios de expresión irónico-satíricos, a través de xestos, escándalos e provocación.
• Poesía iloxicas ou difíciles de entender (o poema dadaísta é moitas veces unha sucesión de palabras e sons).
• Inclinarse para o dubidoso, rebelión, destrución, o terror, a morte e o nihilismo, o fantástico, etc.
• Promoción para a mudanza, a liberdade individual, a espontaneidade, o inmediato, o azar, a contradición, o caos, o sentido do imperfecto.
• As manifestacións contra a beleza, a eternidade, as leis, a inmobilidade do pensamento, a pureza de conceptos abstractos, o universal, a razón, o sentido e a construción da consciencia.• Negativo e contra o modernismo, expresionismo, cubismo, futurismo e arte abstracta.
• Queren volver á infancia.
• Consideran máis importante o acto creador que o produto creado.


En canto á gráfica foi caracterizada por:
• Renovación de expresión mediante a utilización de materiais pouco comúns.
• Creación de fragmentos de obxectos de residuos todos os días e presentalos como obxectos de arte.
• Collage de distintos materiais (papeis, etiquetas, folletos, xornais, téxtil, madeira, etc).
• Fotomontaxes con frases illadas, palabras, pancartas, recitais espontáneas e a provocación.


Dada a mensaxe foi amplamente difundida, os artistas máis célebres foron: Tristán Tzara e Marcel Romanía Jank, o francés Jean Arp e Hugo Ball alemán Hans Richter e Richard Huelsenbeck. Tivo repercusións en todos os ámbitos artísticos. En Alemaña atopou seguidores entre os intelectuais e artistas que apoiaron o movemento. En Francia, había escritores como Breton, Louis Aragon e poeta italiano Ungaretti. Na poesía abriu o campo para o surrealismo, a creación dunha linguaxe sen límites. Os consellos de Tzara describe como facer un poema dadaísta: cortar as palabras dun artigo dun xornal, poñelos nunha bolsa e mesturalas e copialas palabras segundo se vaian sacando da bolsa.No caso da pintura, descartáronse formas e técnicas tradicionais, rexeitando as correntes do tempo. Prevalecen as imaxes foto incomprensíbles, onde destacaron os colaxes de desfeito e recortes de xornais e diarios. Na escultura prevaleceon os ready-mades do francés Marchel Duchamp.En Europa diminuíu en 1920 para concluir en 1922. A mediados dos anos 50 reapareceu en Nova York. O movemento Dada abriu o camiño para o nacemento de outras correntes, como o surrealismo ea Pop Art


BIBLIOGRAFÍA

es.wikipedia.org/wiki/Dada%C3%ADsmo
www.arteespana.com/dadaismo.htm thales.cica.es/rd/Recursos/rd99/ed99-0055-01/dadaismo.html
www.cristinadelcastillo.com.ar/dadaismo.htm www.mipunto.com/temas/2do_trimestre04/dadaismo.html www.masdearte.com/item_movimientos.cfm?noticiaid=59 http://www.fudim.org/comunicacion/index.php?a=Diseno&id=123

Comentario de texto