martes, 8 de junio de 2010

Comentario dun poema.

ODA OS MARIÑEIROS DE CANGAS


Polo escuro do mar que vos contruba
ainda hai peixes de lus nos seus abrigos,
mariñeiros de Cangas, meus amigos,
meus irmáns de salitre e sol e chuva.


Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves.


Polas ondas sin muros e sin diques,
polo lombo do Atlántico azulado,
brinca e bufa o arruás todo apurado
perseguindo os banitos i os alcriques.


Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.


Máis alá do Cabalo e Cabo de Home
da Negra e deses baixos de Biduído,
mariñeiro de Cangas, vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come.


Coma horribles fantasmas aparecen
dende o fondo, xurdindo, nos sorríos,
estranas ardentias e navios
e tristes afogados que amolecen.


Pero rompe, que podes, contra o medo,
dalle avante con forza, anque che doa,
contra noites e néboas, pon a proa,
mariñeiro de Cangas, e ven cedo.


Ven loguiño a vender o peixe a Vigo
e trae unha canción do son dos mares
pra beber e cantar xuntos nos bares
mariñeiro de Cangas, meu amigo.



1.Localización:
O  poema " Oda aos mariñeiros da Cangas" pertence ao libro Profecía do Mar de Bernardino Graña. Trata temas como  o mar e a vida mariñeira.Deste e doutros coma "Profecía do Mar" e "Non vexo Vigo nin Cangas" venlle o calificativo de "poeta do mar". Debido a esto nos seus poemas atopamos termos mariñeiros e xiros idiomáticos da lingua viva de Cangas. Tamén escribiu narrativa e teatro, pero destacou en poesía. Algunhas obras son: Poema do home que quixo vivir; Se o noso amor e os peixes...; Himno verde e Sen sombra e sen amor.
Pertence á Xeración das Festas Minervais xunto con Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra,Manuel María ,Xohana Torres, Avílés de Taramencos, Arcadio López Casanova, Garcís Bodaño,...



2.Contido:
Tema:
Natureza do mar de Cangas.

Argumento:
No poema fálanos da beleza do mar de Cangas e dos mariñeiros que nel traballan, facendo referencia tamén a lugares tan fermosos como o cabo do home ou as Illas Cíes.

Exemplo:

"...Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.

Máis alá do Cabalo e Cabo de Home
da Negra e deses baixos de Biduído,
mariñeiro de Cangas, vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come..."


Trátase da primeira obra da literatura galega onde a dura vida da xente do mar, a xeito de épica de loita co medio, convírtese en protagonista de denuncia. Para isto o poeta válese, fundamentalmente, da fala mariñeira da zona de Cangas.

Subxénero Poético:

Trátase dunha poesía paisaxística, porque comenta imaxes do mar de Cangas.

Voz Poética:
O propio autor diríxese aos mariñeiros de Cangas.

Exemplo:

Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.


Estructura do contido:

Principio: Das liñas 1-16, o autor anima aos mariñeiros a saír pescar.
                 Das liñas 17-28, animaos para que non teñan medo.
Fin:           Das liñas 29-32, dille que veña cedo para vender o peixe e festexalo nos bares.



3. Expresión:
O poema está dividido en estrofas. Cada unha está composta por 4 versos endecasílabos, de arte maior, con rima consonante.

Recursos:

Na “Oda” hai termos sobre a configuración do terreo como os baixos vistos en
Pondal, e sorríos, fondos mariños, xunto con termos relativos ás pedras como
cabezos e cons. Estes son as pedras da ribeira e dos arrecifes, de forma máis ou
menos redondeada e que se amorean sobre outras pedras, sen base firme no fondo
do mar, mentres que o cabezo é unha pedra que sobresae como unha cabeza da
superficie e que ten a base no fondo do mar e non sobre outra pedra como o cón.

Exemplo:

"...Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves..."


Outro léxico ben mariñeiro desta “Oda” refírese ás augas. Son termos como espumallo,
a escuma fresca do mar que xorde das ondas e da rompente; ardentía, a fosforescencia
ou luminosidade das augas do mar, ou fumazo (con seseo de Cangas) para o manchón
que a sardiña ou outro cardume calquera produce no mar.

4.Conclusión

Síntese:

Este poema de Bernardino Graña fala sobre a vida no mar e lémbranos mediantes os seus poemas como inflúe na vida o feito de ter costumes mariñeiras preto.

Valoración persoal: 

O poema  móstranos a vida mariñeira, isto influiu á hora de comprender e atopar os puntos nos que pódese dividir o poema.
Non nos gustou moito polo feito de que o tema non nos atrae moito e que o uso de recursos literarios complicou o poema.



No hay comentarios:

Publicar un comentario